mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Para conmemorar o día das letras galegas no centro organizáronse diversas actividades, entre elas a actuación da agrupación musical Queiroa, que interaccionou cos nenos e nenas, amosoulles os instrumentos máis típicos do folclore galego e mesmo tivemos ocasión de bailar unha repichoca. Tamén cativos prepararon actuacións nas que se ensalzou a música tradicional galega.

luns, 27 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALIA



No cole, celebramos o día de Rosalia. Entre todos escribimos un poema da autora o cal penduramos nas escaleiras da entrada do colexio.

xoves, 23 de febreiro de 2017

DIA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Este ano deixamos asomar as nosas linguas para sumarnos á conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro). Cada clase fixo unha reflexión sobre a importancia de que "o noso" perdure no tempo e saíron lemas tan feiticeiros coma istos.





sábado, 18 de febreiro de 2017